martes, 28 de junio de 2016

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADE NÁUTICA VELA



   Este curso conseguimos sacar adiante unha actividade náutica mais, que foi a de vela para os alumnos de 4º de ESO. Disfrutando do seu fin de curso e de etapa, navegando polas rías baixas e aprendendo a amar e respectar o noso entorno natural.  Esta actividade formaba parte da programación, e foi todo un éxito!!!

   Non so disfrutaron se non que aprenderon moito dos principios básicos da navegación a vela, organización da intendencia para os dous días, problemas de navegación sobre a propia carta, ruta de senderismo pola illa de Ons...

   Toda unha experiencia para os nosos alumnos. Confiemos en que deste xeito teñamos rematado o traballo para que no futuro... LEVEDES UNHA VIDA SANA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!



ENTREGA PREMIO ALUMNO INTEGRAL

   Por terceiro ano e como xa demos conta en entradas anteriores levamos acabo outra edición deste premio. Aquí vos deixamos a foto da entrega do mesmo.


MOITAS FELICIDADES AOS PREMIADOS!!!, E BOAS VACACIONS!!!

    ESO SI!!!, SEMPRE CON VIDA ACTIVA!!!!!!!!!!!!

jueves, 2 de junio de 2016

RESOLUCIÓN PREMIO ALUMNO INTEGRAL 2016

   Un ano mais e xa van tres, temos a resolución do premio.

   Como xa en entradas anteriores fixemos fincapé na valoración que facíamos do mesmo. Tan só nos queda publicar aos premiados.
Xa sabedes polo propios dípticos que os compañeiros de informática de 4º de eso elaboraron. Que os premiados son os dous primeiros, pero imos publicar os catro primeiros clasificados, para que tamén vexan reflexado o seu bo facer. Estiveron moi cerca!!

   O importante e animarvos a todos a ser alumnos integrais!!!!!



PRIMEIRO E SEGUNDO DE ESO:

ALUMNOS:
1º Sunny Seijas - 8.16
2º Manuel Castrelo - 7.78

3º Samuel Lafuente - 6.72
4º Telmo Portas - 6.66

ALUMNAS:
1ª Ana Gándara - 8.92
2ª Xiana Magariños - 8.45

3ª Sandra Iglesias - 8.33
4ª Ángela Miguéns - 8.13

TERCEIRO E CUARTO DE ESO:

ALUMNOS:
1º Ángel Barral - 7.95
2º Lois Fernández - 6.92

3º Xenxo Santiago - 6.67
4º José Luis Jamardo - 6.55

ALUMNAS:
1ª Sofía Rarís - 7.6
2ª Lucía Pardal - 6.84

3ª Sara Domínguez - 6.8
4ª Alba Mariño - 6.78

jueves, 26 de mayo de 2016

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADE DIDÁCTICA DEPORTES DE INVERNO - ESQUÍ 2016

   Unha nova entrada sobre esta actividade, porque sabemos que vos gusta disfrutar da vosa canción da neve 2016, tamén no blog. E como a través de slideshare non a escoitades. Eiquí a tedes con animoto!!

   Disfrutade dun bo rato, e duns bos recordos!!!

   SEMPRE ACTIVIDADE FÍSICA NA NATUREZA!!


viernes, 13 de mayo de 2016

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADE NÁUTICA PIRAGÜISMO - RÍO ULLA 2016

    Como unha actividade mais dentro do noso proxecto, catro sesións de piragüismo leváronse a cabo. Dúas en outono das que xa dimos conta no blog e agora outras dúas en primaveira. Con esto conseguimos que pratiquen outro deporte, que o fagan en contacto coa natureza e que deste xeito esas catro semanas incrementemos as horas de exercicio físico.

    Nesta ocasión en lugar de facer un power point como memoria e facer a entrada a través de slideshare. Traballamos cun novo recurso que é o programa animoto.

    Espermos que vos guste o recordo que aquí vos deixo...

    O alumnos/as que lle apetece facer deporte na natureza, xa saben donde os esperan..., no clube náutico de Pontecesures!!!



jueves, 12 de mayo de 2016

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO - ACTIVIDADE DIDÁCTICA - DEPORTES DE INVERNO - ESQUÍ 2016


    En tódalas clases veremos a memoria de power point coa música que escolle o alumnado para dita presentación. Pero para que tamén podades disfrutala no blog. Colgámola en slideshare e así a podedes ver dende eiquí.

    Experiencia maravillosa a vivida una ano mais polos alumnos/as do centro.





   SEMPRE EXERCICIO FÍSICO E VIDA SANA!!!

lunes, 2 de mayo de 2016

III EDICIÓN PREMIO ALUMNO INTEGRAL

   Cómo estes últimos anos poñemos en marcha o premio. A través do mesmo pretendemos animar a todo o alumnado a progresar académicamente, a facer exercicio físico e a ser mellores persoas. Todo isto levámolo a cabo do seguinte xeito.

  Valoración dos resultados académicos da segunda avaliación.

  Valoración dun cuestionario que cubren as entidades deportivas onde cada alumno/a fai exercicio físico. Vai ao final desta entrada do blog.

  E por último a valoración das actitudes do alumnado. Isto faise a través do díptico que elaboran os alumnos/as de 4º de informática, e que se pasan en tódalas tutorias. En base as respostas establecense unhas puntuacións. Este é o diptico co que traballamos.


   Achegamosvos o cuestionario que cubren as entidades deportivas.

   PUBLICAREMOS NO BLOG, NO MES DE XUÑO, OS CINCO PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA. ÁNIMO ALUMNOS/AS INTEGRAIS!!!!!!!!

  

PREMIO ALUMNO INTEGRAL 2016 – PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO – C.P.I. PONTECESURES
CUESTIONARIO PARA CLUBES E ENTIDADES DEPORTIVAS


ENTIDADE:


ALUMNO:

CURSO:


Pedímoste que valores os seguintes apartados referentes ao respecto, o rendemento e a participación do alumno nas actividades físico-deportivas da túa entidade. Para isto pon unha cruz (X) no cadro correspondente a cada un dos apartados no -1, -0.5, 0, +0.5 ou +1.
Se consideras que o alumno cumpre totalmente nese apartado marca +1, se consideras que destaca por non facelo marca -1 e para casos intermedios escolle entre as outras valoracións. Coas valoracións que nos remitas xa nós facemos o cómputo global. GRAZAS!

APARTADOS A VALORAR
-1
-0.5
0
+0.5
+1
Saúda deportivamente os contrincantes ou compañeiros de actividade tanto se gaña como se perde, non lles mostra desprezo, respecta a súa integridade física, non responde a provocacións e acepta as súas desculpas.





Non discute cos compañeiros nen marxina ninguén.
Facilita a socialización das novas incorporacións.





Atende as explicacións e respecta as decisións dos adestradores, monitores e persoas que arbitran.
Cumpre as instrucións que se lle dan.
Cumpre as sancións en caso de que as houber.





Mostra educación e respecto con todos: limpadores, conserxes, axudantes…





Nas sesións deportivas fai estiramentos e, ao rematalas, aséase.





Ten espíritu de superación.
Esfórzase até alcanzar novas habilidades e aumentar o seu rendemento.





Asiste e é puntual aos adestramentos, clases, partidos, competicións e outras actividades programadas.





Anima e axuda os compañeiros.
Refórzaos con frases positivas.
Non protesta cando é substituído.